parallax background

Repartiendo a nosa riqueza

Vivir donde quieras (País Valencià)
octubre 1, 2010
Por el derecho a una vida digna
febrero 25, 2011

Estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza


U uha comunidade está conformada por persoas que van actuar como forza de traballo e outras que non, xa sexa pola franxa de idade, estado físico ou ben por decisión propia. E todas precisan ser coidades e ter garantidas e ter garantidas unhas condicións de vida saudábeis.

A condición de ser humano é o elemento primario da xeración de tal dereito e, a concepción da fraxilidade e interdependencia que caracteriza a nosa existencia, o sustrato para formular propostas que aborden a centralidade da vida como premisa para reparto da renda e a xustiza social.

Formulacións que permitan satisfacer as necesidades básicas -tanto as materiais, como emocionais, sanitarias, relacionais, culturais, identitarias e políticas- e vivir con dignidade, senón que abran espazos de cuestionamento da orde vixente e permitan avanzar algúns pasos na construción de procesos amplos de transformación social.

"Son subxectivo porque son un suxeito, sería obxectivo se fose un obxecto” Unamuno


 
E n 1994 acercabámonos ao tema da Renda Básica (RB) pensando que podería ser unha solución a eses desequilibrios sociais que xera o capitalismo de forma estrutural: paro e pobreza. É dicir, impúñase o deseño dunha resposta permanente como dereito cidadá a estes dous problemas crónicos pero orgánicos ao capitalismo. Porque o paro e a pobreza son consecuencia da explotación que exerce o sistema sobre a poboación asalariada, pero tamén é un instrumento de violencia para atemorizar a poboación, recordando que o destino agarda por aqueles que se queiran enfrontar ao mesmo.

Estamos ante un capitalismo de ámbito planetario que está transformando fortemente a súa lóxica de creación e apropiación de riqueza, así como os espazos (rurais e urbanos) onde esta ha de ser producida e intercambiada. Entre os obxectivos preferentes na súa transmutación destacamos dous:

1.- Que a relación capital-traballo se caracterice pola ausencia de todo tipo de regulacións laborais, á vez se impoñan as condicións que marcan os ambientes denominados de zona franca. É dicir, trátase de crear unhas relacións laborais sen ningunha regulamentación que permitan as empresas intensificar a plusvalía absoluta e relativa.

2.- Que os países con Estado-nación se convertan en sociedades civís, nas cales os mandatarios tecno-burocraticos estean elixidos directamente polas empresas multinacionais dominantes nesa rexión xeográfica. A transformación do sistema neste espazo, neste caso a Unión Europea, implica unha destrución da sociedade política a favor dunha sociedade civil o cal supón así mesmo a case total desaparición do ámbito do público para dar preponderancia ao ámbito do privado.


"Aquelo que eu preferia, revolución, canto tarda. Mais o meu anceio agarda unha luz que anúncia ó dia.” Celso Emilio Ferreiro