De la Renta Básica de los Iguales a la riqueza comunal – Cantabria 2013
marzo 13, 2022Apuntes sobre el concepto de soberanía municipal
abril 11, 2022
Entrevista y portada en La Revista, dominical del diario La Región, con ocasión de la presentación del documental dedicado a su vida y obra. Ourense, 31 de noviembre de 2021 (Fotos de José IOglesias Etxezarreta).
T
en noventa anos recién
cumpridos e leva máis de sesenta dedicado a reflexionar como cambiar a sociedade a un modelo máis xusto. A vida non foi facil para jJosé Iglesias. Fame, emigración, persecución… nesa loita forxou o seu pensamento critico sobre o modelo social. Ten claras as ferramentas coas que poñer fin ás desigualdades. Ourensán na diáspora dende hay case 60 anos, orgulloso da súa orixe ourensá volve a reencontrase co rapaz que medrou na praza do correxidor, na cidade que o 18 de xaneiro estreará un documental sobre a súa vida, “José Iglesias, un ilustre ourensán descoñecido”.
“Facemos a entrevista en galego. Poucas ocasións teño de falar en galego na miña vida e son un entusiasta da nosa lingua”. José Iglesias Fernández (Ourense,1931) quería sentirse preto da súa terra nesta conversa realizada o día no que cumpría 90 anos. Economista, filósofo, profesor... un pensador do ámbito social que defende dende hai décadas a creación dunha renda básica universal e individual.
"Para mín a clave está no municipalismo, no comunalismo. Trátase dunha democracia participativa
de proximidade. Eu son máis próximo ao anarquismo que ao marxismo. Marx foi quen de crear un sistema para explicar a realidade. Foi quen mellor explicou o que representa o capitalismo. Así, para entender o mundo, Marx. Pero para construir un mundo novo, penso en Bakunin."